En este momento estás viendo Presentación de ACAV a Delegada dá Xunta de Galicia

Presentación de ACAV a Delegada dá Xunta de Galicia

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, mantivo un encontro cos representantes da recentemente constituída Agrupación Coruñesa de Asociacións Veciñais da Coruña. Na reunión felicitou aos seus responsables pola iniciativa de unirse cun obxectivo común como é o defender os intereses dos cidadáns da cidade e trasladoulle o apoio do Goberno galego para levar adiante as súas iniciativas e proxectos. Pola súa banda, os representantes veciñais trasladáronlle asuntos de interese para esta entidade como o transporte metropolitano, e temas de mobilidade, as vivendas de uso turístico ou a contaminación acústica. PARA MAIS INFORMACIÓN: https://www.xunta.gal/es/notas-de-prensa/-/nova/009692/belen-campo-anima-las-entidades-corunesas-solicitar-las-ayudas-para-las-asociaciones