Seguridade: Actualmente somos a cidade con maior delincuencia de Galicia e cremos que a solución, entre outras medidas, pasa por dispoñer dun maior número de axentes e dotación adecuada, cumprindo a cociente por habitante. Tamén pediremos maior presenza de policías nacionais.
Mobilidade: Achegando ideas e propoñendo melloras concretas en transporte, temos un reto importante coa próxima adxudicación do contrato do bus urbano, comunicando barrios e tamén a súa área de influencia coa estación Intermodal, sen esquecer o tren de proximidade ou a conexión co aeroporto e o porto. Propoñeremos un Plan Integral de Movilidad.
Medio ambiente, mais de cinco anos sen concesión na planta de Nostián e convencidos de que o actual sistema de recollida de residuos non é o adecuado, debemos avanzar a un sistema como o de Oviedo ou Vitoria. A limpeza e o mantemento dos nosos xardíns, parques, zonas verdes, praias e unha cidade máis limpa é fundamental para cumprir co reto climático
Urbanismo, Fachada marítima un reto importante no que a sociedade civil debe achegar coñecemento, ideas e opinión. A actual xestión dos desenvolvementos urbanísticos (As Xubias, Visma, Castrillón, Agra dous Mallos, Agra de San Amaro, Percebeiras, Madeiras Peteiro, Portiño, Monte Mero…) sen transparencia e sen contar cos veciños é un foco de protestas e só xera problemas. Debemos esixir urbanizacións adaptadas á contorna e tendo en conta a densidade de poboación para que non se convertan en guetos.
Sen esquecer outras áreas de traballo non menos importantes como servizos sociais, vivenda, cultura, deportes, festas, orzamentos, área metropolitana, etcétera.