Antes de contestar esta pregunta temos que preguntarnos porqué nace a Agrupación, e isto é debido a unha ausencia de información e dialogo por parte do goberno municipal coas entidades veciñais que se reúnen só para salvar o trámite onde todo está decidido de antemán con proxectos á marxe dos veciños.

Tamén hai que dicir que non contabamos co apoio e axuda por parte dunha Federación ausente que permanece aletargada, submisa e carente de proxecto.

O noso obxectivo é o benestar dos veciños, conseguir unha contorna segura, limpo e respectuoso co medio ambiente, cunha mobilidade funcional adecuada e unha cidade onde a vivenda, a convivencia e os servizos públicos non sexa un problema, para conseguilo traballaremos principalmente en catro eixos:

  • Seguridade
  • Mobilidade
  • Urbanismo
  • Medio ambiente.
  • Servizos Sociais

Sen esquecer outras áreas de traballo non menos importantes como servizos sociais, vivenda, cultura, festas, orzamentos, deportes, área metropolitana, etcétera.

Preocúpanos a falta de ética política, traballo, honestidade e palabra no incumprimento da execución dos orzamentos e acordos aprobados nos plenos. Todo iso debe de ir acompañado por unha oposición seria, responsable, fiscalizadora e defensora dos coruñeses e coruñesas e que chegue onde faga falta chegar. A agrupación rexerase polos seus estatutos e estará conformada pola xunta directiva e os grupos de traballo, que se crearán en función dos asuntos de interese xeral ou dos nosos asociados. No noso concepto de benestar dos veciños están incluídas actividades lúdicas, culturais, deportivas, formativas e sociais. Seremos un elemento que participe nas solucións dos problemas transversais que afectan as asociacións e unha correa de apoio, transmisión e presión para os problemas individuais de calquera asociada.

Sabemos que xuntos se consegue máis, faise máis barrio e máis cidade.