Dende a Agrupación Coruñesa de Asociacións vecinais. ACAV queremos manifestar a nosa sorpresa e malestar pola “rebaixa” co Goberno Municipal de Inés Rey pretende aplicar á empresa privada Urbaser, xestora da Planta de Tratamento de Residuos Urbáns de Nostían.
Sorpresa porque, existindo unha sentenza que obriga a esa empresa a abonarlle ao Concello unha cantidade que ronda os 14.000.000 de euros, o Goberno Municipal faille un regalo en forma de rebaixa por unha cantidade de 7.300.000 euros, é decir máis dun 45%.
Esta sentenza é froito dun cobro indebido por parte da devandita empresa á hora de tratar unha parte dos residuos, cantidades que se aboaron no seu día é, como é lóxico , cos cartos de tódolos coruñeses, polo tanto os 7.300.000 euros que “perdoa” o Goberno Municipal, son cartos de tódolos coruñeses, e de aí o noso malestar, posto que con esos recursos económicos poderían facerse moitas das obras pendentes e necesarias nos nosos barrios.
Non chegamos a entender cómo se pode aprobar unha operación de condonación de tal magnitude cando dende o mesmo Goberno Municipal se teñen paralizado proxectos, non se cumpre cun mínimo mantemento das calzadas e aceras, recórtanse servizos públicos e sociáis, ou mesmo se manteñen débedas tan increíbles no eido cultural cos abocan a facer continuos modificativos de crédito.
A Coruña necesita de tódolos recursos económicos posibles; perdoar unha cantidade así non soio nos preocupa, porque son cartos de todos, senón que nos parece unha irresponsabilidade cando ao mesmo tempo se nos anuncia que se vai subir o recibo do lixo nun 33% a tódolos veciños e que se vai colocar un contedor máis nas rúas que, cómo é lóxico, conlevará uns custos de compra e colocación.
Así as cousas non podemos menos que manifestar a nosa preocupación e rexeitamento pola alegría ca que o Goberno Municipal prescinde de recursos económicos que tanta faltiña fan á nosa cidade.

