En este momento estás viendo Xuntanza coa Subdelegación do Goberno

Xuntanza coa Subdelegación do Goberno

  • Autor de la entrada:
  • Categoría de la entrada:Uncategorized

A reunión comezou polo tema de seguridade, ACAV sinalou a necesidade de máis policía e máis persoal administrativo, xa que hai policías realizando labores administrativos en lugar de estar na rúa. O aumento de delitos tecnolóxicos non debe reducir operativos que se dedican a seguridade cidadá. Abordouse a problemática do lecer nocturno entregando copias de escritos, un presentado no Concello e un decreto do Pais Vasco polo que se reduciu o horario do lecer nocturno en zonas residenciais. Preguntouse pola ligazón da rúa Javier López López coa Avenida do Pasaxe que impide o desenvolvemento do API Fariña Ferreño e explicaron que falta a cesión, por parte de Fomento ao Concello, dunha franxa de vial que vai desde a saída do túnel dos Castros ata a rúa que sobe cara ao centro de saúde, actualmente están en trámite de que o Concello conteste a esa cesión e unha vez aceptada realícese o proxecto e salga a exposición pública. Sobre Alfonso Molina propóñennos unha nova reunión para abordar temas concretos coa xefa de área Marta Latas.